Estas xornadas están enmarcadas no Proxecto de Inserción Sociolaboral Auria Inserta, cofinanciado polo Concello de Ourense e o Fondo Social Europeo, por medio do Ministerio de Política Territorial e Administración Pública.
O obxectivo fundamental é dar a coñecer o sistema de formación actual e o procedemento para a obtención dos certificados de profesionalidade.
Ademais estas xornadas formarán parte do camiño a percorrer para poder alcanzar obxectivos que nos permitan enriquecer, acrecentar e actualizar as competencias profesionais das persoas participantes.
Obxectivos
- Impulsar a formación como principal ferramenta para atopar emprego
- Informar sobre as distintas oportunidades que ten o sistema de formación para o emprego.
- Dar a coñecer o procedemento para adquirir competencias e cualificaciones profesionais.
- Divulgar os diferentes elementos que forman parte deste sistema de formación, entre alumnos/as, técnicos/as, expertos/as en emprego, orientadores/as, persoal do ámbito sociolaboral, empresarios/as e docentes
- Expoñer e compartir experiencias e boas practicas.
Persoas destinatarias
- Alumnos/as de formación ocupacional
- Técnicos/as en formación
- Orientadores/as laborais
- Técnicos/as de emprego
- Persoal do ámbito sociolaboral
- Empresas
- Docentes e traballadores/as de centros de formación profesional ou ocupacional
Asistindo a esta actividade extraacadémica, unha vez homologada pola Comisión de Validación dos Centros do campus de Ourense terás unha acreditación por un total de 8 horas que computará para a obtención de créditos de libre eleción (20 horas 1 crédito, 30 horas 2 créditos).
Despois de cada conferencia haberá unha quenda de preguntas http://sites.google.com/site/xornadasauriainserta2011/
He aquí unas fotos de nuestra asistencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario